Procedementos Pictóricos.


Profesor: José Antonio Quinteiro Alonso
Curso: Segundo Pintura

OBXECTIVOS XERAIS
Adquirir coñecementos teóricos e prácticos dos principais procedementos utilizados en pintura e das distintas técnicas para a súa realización, así como coñecementos prácticos suficientes para a correcta execución das técnicas anteriormente descritas. O obxectivo principal é a formación de futuros profesionais que saiban desenvolverse con soltura fronte ás múltiples cuestións e problemática que presenta o amplo campo da actividade profesional dentro do mundo laboral.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Dominio e análise procedimental das técnicas básicas utilizadas en pintura, así como a correcta aplicación de ditos coñecementos no proceso de restauración pictórica Coñecemento dos distintos materiais e útiles empregados en pintura, a súa evolución e cambios xurdidos coas novas tecnoloxías Desenvolver as aptitudes manuais dos alumnos e a súa capacidade de investigación e toma de decisións

Programa:
  1. Nocións elementais de composición pictórica, encaixe, volume, claroscuro, etc.
  2. O efecto da luz sobre os obxectos, proxección de sombras.
  3. Luz directa e luz reflectida, retroiluminación.
  4. Debuxo de mancha e diferentes texturas que poida haber dentro desta.
  5. Nocións elementais da cor: descomposición da luz, o espectro luminoso.
  6. Cor local e cor reflectida. A atmosfera envolvente.
  7. Os novos materiais empregados en pintura.
  8. Técnicas de pintura ó auga: acuarela, témpera, acrílicos, augatinta, etc.
  9. A pintura ó óleo, práctica das diferentes técnicas.
  10. Preparación dos diferentes tipos de emulsiones para pintar.
  11. Preparación de soportes pictóricos: lenzo, táboa, metal, papel, etc..
  12. A pintura ó temple, diferentes tipos, prácticas.
  13. A pintura ó fresco.
  14. Métodos de ampliación, reducción e copia.
  15. A pintura mural, técnicas de ampliación, plantillas.
  16. O dourado aplicado á restauración: dourado á auga e a mixtión.
  17. Técnicas de restauración de marcos mediante moldes de silicona.