Técnicas de Baleirado e Moldaxe.
Profesor: José Antonio Quinteiro Alonso
Curso:
Segundo Arqueoloxía
OBXECTIVOS XERAIS
Coñecemento teórico e práctico das principais técnicas e materiais utilizados en baleirados arqueolóxicos, así como adquirir coñecementos técnicos suficientes por parte do alumno para a correcta realización dos sistemas ou métodos anteriormente descritos, sendo o obxectivo principal a formación de futuros profesionais que saiban desenvolverse con soltura fronte ás múltiples cuestións e problemática que presenta o amplo campo da actividade profesional dentro do mundo laboral.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Dominio das técnicas básicas utilizadas na obtención de baleirados arqueolóxicos
Coñecemento dos distintos materiais empregados no baleirado
Aplicación correcta e axeitada dos materiais a empregar en función da forma e estado da peza a reproducir: posibles riscos e toma de decisións á hora de abordar a reproducción
Coñecemento e manexo axeitado dos útiles e ferramentas manexados para a realización de baleirados en arqueoloxía
Desenvolver as aptitudes manuais e técnicas dos alumnos e a súa capacidade de investigación e toma de decisións correcta
Programa:
- CONTIDOS
- Concepto de baleirado e moldeado
- Ferramentas a empregar, a súa conservación e usos
- A escaiola, a súa orixe e características físicas
- Tipos de escaiolas e xesos. Escaiolas especiais
- Axentes físicos e químicos para reforzar e endurecer
- Axentes acelerantes e retardantes
- Axentes espesantes e fluidificantes
- Adhesivos específicos no baleiro
- Axentes desmoldeantes
- As resinas, tipos: poliéster, fenólicas, epoxídicas, etc.
- Refuerzos: fibra de vidrio, carbono, celulosa, etc.
- Cargas: sílice, creta, cuarzo, microesferas, pos metálicos, etc.
- Aditivos: catalizador, acelerador, ignifugantes y estabilizantes
- Siliconas: siliconas especiais, caucho, látex, plastoflex, etc.
- Medidas de seguridade e hixiene no manexo de productos tóxicos e peligosos
- PRÁCTICAS
- Baleirados urxentes, baleirados polo procedemento da aperta ou estampillado, positivados en distintos materiais.
- Madreformas aplicables a elastómeros, distintos tipos e características.
- As terrajas: confección de terrajas adaptadas á restauración de cerámica en arqueoloxía.
- Moldes cerámicos, positivados por diferentes métodos.
- Moldes flexibles: silicona (contacto e colada), látex, plastoflex, caucho vulcanizado, etc.
- Moldes compostos
- Micromoldes
- Reintegración de vidrio e cerámica por medio de moldes elásticos
- Positivados en resinas, con cargas e transparentes
- Positivados en cemento e pedra artificial (morteiros)
- Obtención de réplicas exactas
- Pátinas e tratamientos de superficie
- Fabricación de soportes específicos para pezas arqueolóxicas por medio de moldes. Baleirados en metais de baixo punto en fusión