Técnicas de Baleirado e Moldeado.
Profesor: José Antonio Quinteiro Alonso
Curso:
Segundo Escultura
OBXECTIVOS XERAIS
Coñecemento teórico e práctico das principais técnicas utilizadas en baleirado adaptado á restauración, así como adquirir coñecementos por parte do alumnado para a correcta realización das técnicas anteriormente descritas. O obxectivo primordial é a formación de futuros profesionais que saiban desenvolverse con soltura fronte ás múltiples cuestiones e problemática que presenta o amplo campo da actividade profesional dentro do mundo laboral.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
- Dominio e familiarización das técnicas utilizadas no baleirado
- Coñecemento dos distintos materiais empregados no baleirado
- Coñecemento e manexo dos útiles e ferramentas utilizados na obtención de baleirados
- Desenvolver as aptitudes manuais dos alumnos e a súa capacidade de investigación
Programa:
CONTENIDOS
- Evolución histórica do moldeado e baleirado en escultura.
- Concepto de baleirado e moldeado.
- Ferramentas a empregar, conservación e usos.
- A escaiola, orixe e características.
- Tipos de escaiolas, escaiolas especiais.
- Axentes físicos e químicos para reforzar e endurecer.
- Axentes acelerantes e retardantes.
- Axentes desmoldeantes.
- As resinas, tipos: poliéster, fenólicas, epoxídicas, etc.
- Reforzos: fibra de vidro, carbono, celulosa, etc.
- Cargas: sílice, creta, cuarzo, microesferas, pos metálicos, etc.
- Aditivos: catalizador, acelerador, ignifugantes e estabilizantes.
- Axentes tixotrópicos.
- Siliconas: siliconas especiais, caucho, látex, plastoflex, etc.
- Medidas de precaución no manexo de productos tóxicos e peligosos.
- Medidas de seguridade e hixiene.
PRACTICAS
- Baleirados urxentes: baleirados polo procedemento do apertón ou estampillado.
- Moldes de matriz perdida, abertos, cerrados e de varias pezas.
- Moldes a pezas ríxidos (á francesa e italiana).
- Moldes flexibles. Todos os tipos. Silicona (contacto e colada), látex, plastoflex, etc.
- Moldes compostos.
- Micromoldes.
- Reintegración de esculturas por medio de moldes elásticos.
- Positivados en resinas. Con cargas e transparentes.
- Positivados en cemento e pedra artificial (morteiros).
- Pátinas e tratamento da superficie.
- Obtención de réplicas exactas por medio de moldes elásticos.