Técnicas de Debuxo Arqueolóxico.


Profesores: Carmen Lorenzo Rivera, Fernando Carrera Ramírez
Curso: Segundo Arqueoloxía

O conservador de materiais arqueolóxicos debe coñecer un bo número de técnicas que son complementarias ó propio traballo de conservación/restauración. Ademais de ser fundamentais para o traballo diario, supoñen unha excepcional axuda á hora de ofrecer variados servicios profesionais. O obxectivo desta materia é lograr que o alumno coñeza e manexe as ferramentas e técnicas necesarias para debuxar elementos arqueolóxicos mobles e inmobles. Precisamente esa diferenciación establece as dúas fases do curso: unha primeira na que se explican e poñen en práctica as técnicas de debuxo de artefactos arqueolóxicos e unha segunda na que se explican as técnicas de debuxo de xacementos e estructuras arqueolóxicas. Esta segunda parte esixe a ocasional saída a xacementos arqueolóxicos para a realización de prácticas de debuxo in situ. De cada un dos elementos estudiados no programa, o alumno deberá realizar láminas nas que se demostre a súa capacitación e destreza.

Programa:
  1. CONCEPTOS E IDEAS XERAIS
    • Instrumental
    • Técnicas básicas
  2. DEBUXO DE MATERIAIS
    • Cerámica
    • Vidrio
    • Pedra: sílex, cuarcita, pulimentada, etc.
    • Metaies: ferro, bronce, ouro, etc.
    • Orgánicos: óso, madeira, etc.
  3. DEBUXO DE CAMPO
    • Principios de trigonometría
    • Uso do nivel e taquímetro. Principios de topografía
    • Planimetrías
    • Estratigrafías e planos verticais