Historia das Técnicas Escultóricas.
Profesora:
Curso:
Terceiro Escultura
O alumno, a través do coñecemento das diversas técnicas empregadas na escultura e a súa localización cronolóxica ó longo dos diversos estilos artísticos, atoparase en condicións de acometer os labores de conservación e restauración do material escultórico dun modo eficaz, tanto a nivel técnico como no que se refire a criterios encamiñados á preservación dos valores inherentes á época e modo en que as obras foron realizadas.
Este coñecemento dos materiais máis relevantes e as súas técnicas específicas faise de acordo a unha periodización histórico-artística, prestando especial atención ós escultores máis destacados de cada un deses períodos, así como ó ámbito artístico español.
Acométese a materia mediante a visualización de exemplos en imaxes para facilitar a comprensión de ditos procesos e conceptos. Igualmente, contémplanse as visitas mediante desprazamentos físicos a exposicións ou talleres que manteñan relación cos contidos da materia.
Programa:
- Escultura: definicións e tipoloxías según as formas, a función, os materiais e as técnicas.
- Relacións entre escultura e as demais artes. Características específicas da escultura.
- Escultura en pedra.
- Descrición xeral de materiais e ferramentas empreados na escultura en pedra.
- A escultura exipcia en pedra: materiais, ferramentas e acabados.
- A escultura en pedra durante a Antigüidade clásica: Grecia e Roma.
- A escultura arquitectónica medieval: Románico e Gótico.
- Renacemento: incidencia dos fundamentos teóricos nas técnicas. Italia.
- Escultura barroca en pedra: Bernini.
- Neoclasicismo: o papel da Academia e as súas repercusións na técnica escultórica.
- Cara á ruptura contemporánea: de Rodin ós escultores do século XX.
- Escultura en metal.
- Descrición dos principais materiais e técnicas empregados na escultura en metal.
- Os primeiros artesáns do metal: da aparición do bronce á cultura castrexa.
- Os revestimentos metálicos na escultura exipcia e mesopotámica.
- As grandes fundicións gregas: evolución técnica ata o Helenismo.
- Achegas romanas á escultura en metal.
- A escultura en bronce durante o Renacemento e manierismo italianos. Exemplos en España.
- Achegas do século XIX á escultura en metal: a galvanoplastia.
- Escultura no século XX: novos conceptos e novas técnicas.
- Escultura en madeira.
- Descrición dos principais materiais e útiles empregados na escultura en madeira.
- O tratamento da madeira no Antigo Exipto.
- A aparición da imaxinería medieval en España: técnicas e tipoloxías.
- O retablo renacentista español: técnicas e escultores.
- A imaxinería barroca española: técnicas e escolas.