Museoloxía e Museografía.


Profesora: Nuria Freire Agrafojo
Curso: Terceiro Escultura

O museo como obxecto de estudio de ambas disciplinas. Funcións do museo: conservación, didáctica, cultural, de depósito e como centro de investigación. Tipos de museo. Técnicas e sistemas expositivos. Estudio organizativo dos principais museos galegos.

Programa:
  1. Evolución histórica do concepto de museo. Definición e crises
  2. Museoloxía e museografía.
  3. Coleccionismo. Evolución do museo.
  4. Arquitectura dos museos. Tipoloxías.
  5. Conxuntos histórico-artísticos. Parques arqueolóxicos. Ecomuseos.
  6. A exposición como medio de comunicación no museo.
  7. Acción cultural e educativa dos museos.
  8. Administración, xestión e organización dos museos.
  9. A ley do patrimonio e a súa relación co museo.
  10. Presente e futuro do museo ante os cambios sociais. Novas perspectivas.