Peritaxe, Taxación e Catalogación.


Profesora: Inmaculada Santiago Cendán
Curso: Terceiro Arqueoloxía

O restaurador debe ter en conta datos de distinta procedencia que o leven a un coñecemento máis profundo da obra de arte, recorrendo a outro tipo de profesionais para que o axuden no seu propósito. Por isto é necesario que comprenda a información achegada polas distintas ciencias auxiliares, a importancia da catalogación para a localización e documentación dos bens culturais e cómo se han de estudiar (punto de vista técnico, histórico, artístico, etc.) segundo as necesidades que se presenten en cada momento.

O coñecemento dos métodos empregados para o estudio e identificación das obras de arte servirá para que o alumno poida acercarse á valoración, tanto artística como económica, destas e comprender a situación actual dos bens culturais, con relación ó mercado (factores que interveñen na taxación das obras) e desde o punto de vista social.

Programa:
  1. PERITAXE
    1. Os valores dos bens culturais
    2. Estudio ds obras
      • Método obxectivo
      • Método subxectivo
    3. Funcións da peritaxe
      • Estudio da historia, técnicas e escolas artísticas
      • Importancia da atribución
      • A orixinalidade na arte: autenticidade/falsificación
  2. CATALOGACIÓN
    1. Pasos previos:
      • Coleccionar
      • Identificar
      • Documentar
      • Investigar
    2. Proceso de documentación nos museos
      • Formas de ingreso
      • Numeración dos obxectos
      • Libro de rexistro
      • Inventario xeral: realización, fichas, atributos
      • Catálogos: tipos, nomenclaturas, aplicación a museos..
  3. TAXACIÓN
    1. Mercado da arte: historia, casas de subastas e galerías
    2. Factores que interveñen na taxación e valoración dos distintos bens culturais
    3. O coleccionista e a súa influencia no mercado: tipos de coleccionistas