Peritaxe, Taxación e Catalogación.
Profesora: Inmaculada Santiago Cendán
Curso:
Terceiro Pintura
O restaurador debe ter en conta datos de distinta procedencia que o leven a un coñecemento máis profundo da obra de arte, recorrendo a outro tipo de profesionais para que o axuden no seu propósito. Por isto é necesario que comprenda a información achegada polas distintas ciencias auxiliares, a importancia da catalogación para a localización e documentación dos bens culturais e cómo se han de estudiar (punto de vista técnico, histórico, artístico, etc.) segundo as necesidades que se presenten en cada momento.
O coñecemento dos métodos empregados para o estudio e identificación das obras de arte servirá para que o alumno poida acercarse á valoración, tanto artística como económica, destas e comprender a situación actual dos bens culturais, con relación ó mercado (factores que interveñen na taxación das obras) e desde o punto de vista social.
Programa:
- PERITAXE
- Os valores dos bens culturais
- Estudio ds obras
- Método obxectivo
- Método subxectivo
- Funcións da peritaxe
- Estudio da historia, técnicas e escolas artísticas
- Importancia da atribución
- A orixinalidade na arte: autenticidade/falsificación
- CATALOGACIÓN
- Pasos previos:
- Coleccionar
- Identificar
- Documentar
- Investigar
- Proceso de documentación nos museos
- Formas de ingreso
- Numeración dos obxectos
- Libro de rexistro
- Inventario xeral: realización, fichas, atributos
- Catálogos: tipos, nomenclaturas, aplicación a museos..
- TAXACIÓN
- Mercado da arte: historia, casas de subastas e galerías
- Factores que interveñen na taxación e valoración dos distintos bens culturais
- O coleccionista e a súa influencia no mercado: tipos de coleccionistas