Prácticas de Conservación e Restauración de Arqueoloxía II
Profesora: Carmen Lorenzo Rivera
Curso:
Terceiro Arqueoloxía
No taller de prácticas inténtase favorecer a adquisición dos coñecementos e da capacidade crítica necesaria para que o alumno sexa capaz de desenvolverse na práctica profesional da conservación/restauración de materiais arqueolóxicos, capacitándoo para a selección dos métodos e procedementos de tratamento máis axeitados a cada caso.
A materia ten carácter teórico/práctico, aínda que a execución de tratamentos sobre obxectos arqueolóxicos reais é o seu argumento principal, polo que a asistencia é imprescindible.
Os materiais que se estudian ó longo do curso e sobre os que se realizan as prácticas son os metais e os materiais orgánicos.
A metodoloxía habitual de traballo no laboratorio contempla a execución das seguintes fases: apertura de informe, documentación gráfica, diagnose, proposta de tratamento, realización do tratamento, conservación preventiva e embalaxe. De cada peza tratada redáctase un detallado informe de conservación que é enviado xunto co obxecto ó museo ou institución pública depositaria deste.
Para a consecución de todo o devandito, o programa teórico deberá atender á clarificación dos seguintes coñecementos:
- Natureza e estructura dos materiais que forman os obxectos arqueolóxicos
- Alteracións e métodos de diagnose
- Descrición das accións de conservación: conservación preventiva, conservación activa e restauración
- Tratamentos de laboratorio máis frecuentes
Ademais, e como complemento indispensable á formación na propia Escola, promoverase a realización de actividades fóra dela:
- Visitas a xacementos arqueolóxicos preferentemente en proceso de excavación, tendo a oportunidade, nalgunhas ocasións, de facer algunha práctica de intervención in situ
- Asistencia a exposicións, congresos, cursos ou conferencias que sexan consideradas de interese polo Seminario de Arqueoloxía e aprobadas polo órgano académico competente
- Con carácter extraordinario e previa autorización, poderase propoñer a realización de prácticas de traballo fóra da Escola, en colaboración con algún organismo oficial
Programa:
- MATERIAIS INORGÁNICOS: METAIS
- Estructura e características xerais dos metais
- Metais empregados na antigüidade
- Corrosión dos metais
- Causas de alteración. Ecosistemas ou ambientes corrosivos
- Factores que interveñen nos procesos de corrosión
- Fenómenos corrosivos. Morfoloxía.
- Principais productos de corrosión.
- Identificación dos diferentes metais
- Exame directo ou organoléptico.
- Exame de laboratorio: tipos de análise.
- Tratamentos xerais aplicables ós metais
- Métodos de tratamento: Mecánicos. Químicos. Reduccións electroquímicas, electrolíticas, térmicas. Plasma.
- Estabilización, consolidación e protección dos metais.
- Adhesión, reintegración: métodos e criterios.
- Características, productos de alteración e tratamentos específicos para cada metal
- Ferro.
- Cobre e aleacións.
- Prata
- Ouro
- Chumbo
- Estaño
- Conservación preventiva
- MATERIAIS ORGÁNICOS
- Oso e marfil
- Estructura física e composición química.
- Procesos de alteración.
- Factores de alteración. Ecosistemas.
- Proceso de fosilización.
- Tratamentos
- Limpeza.
- Consolidación y protección.
- Adhesión.
- Reintegración: métodos e criterios.
- Conservación preventiva
- Madeira
- Estructura física e composición química.
- Procesos de alteración.
- Tratamentos
- Desecación.
- Limpeza.
- Consolidación
- Tipos de consolidantes
- Tratamentos de consolidación de madeira empapada en auga
- Conservación preventiva.