Prácticas de Conservación e Restauración de Escultura II.
Profesora:
Curso:
Terceiro Escultura
O alumno, mediante o desenvolvemento do programa desta materia, coñecerá os diversos aspectos que participan na restauración de obras escultóricas realizadas en materiais inorgánicos, fundamentalmente pedra e metais. Esto inclúe desde o exame técnico da obra e a proposta de intervención ata os procesos de restauración e a elaboración simultánea de informes de dita restauración.
O futuro restaurador debe contar cunha boa formación dentro do ámbito práctico para poder abordar con rigor a restauración de obras de arte; pero ademais desa cualificación técnica ha de contar cun criterio de actuación así como cunha formación teórica que o leven a cumprir con eficacia o seu labor. Estudiaranse en profundidade os diversos materiais, as causas e efectos da súa degradación, así como os diferentes medios e criterios aplicables co fin de devolverlles ás obras de arte a súa significación perdida.
Programa:
- Materiais escultóricos inorgánicos
- Minerais e cristais.
- Definición, estructura interna, morfoloxía e propiedades
- Rochas.
- Definición, principais tipos de rochas e propiedades características
- Metais.
- Definición; principais metais e aleacións empregados en escultura
- Pátinas metálicas: natureza e distintos tipos de pátinas
- Alteracións dos materiais escultóricos inorgánicos
- Mecanismos de alteración de materiais pétreos.
- Físicos, químicos, biodeterioro, contaminación.
- Mecanismos de alteración de materiais metálicos.
- Pátinas e corrosión; principais tipos de corrosión e as súas causas
- Principais tratamentos de conservación-restauración de escultura en pedra y metais
- Limpezas mecánicas e químicas
- Obxectivos, principais técnicas e métodos de aplicación
- Consolidación de materiais inorgánicos escultóricos
- Distintos métodos de aplicación, tipos de consolidantes e as súas características específicas
- Protección.
- Requisitos dos hidrofugantes de pedra e vernices para metais en escultura, diferentes tipos e métodos de aplicación
- Reintegración de material pétreo e metálico
- Criterios, productos e técnicas de intervención
- Reintegración de policromía sobre pedra
- Criterios de intervención, metodoloxías e técnicas específicas
- Conservación preventiva.
- Condicións idóneas para a conservación de escultura en metais e pedra
- Métodos de control do ambiente