Proxectos, Dirección e Organización de Obras e Empresas.


Profesora: Inmaculada Santiago Cendán
Curso: Terceiro Arqueoloxía

Preténdese achegar o alumno ó contorno laboral a través dunha serie de coñecementos básicos, que van desde a busca de emprego e a creación da súa propia empresa ata a realización de presupostos e proxectos de intervención sobre distintos tipos de bens culturais:
  1. Situación real do mercado de traballo dentro do campo da restauración-conservación de bens culturais e cómo desenvolverse ante posibles ofertas de emprego (curriculum vitae, carta de presentación, entrevista de traballo).
  2. Posibles saídas laborais. Empregado por conta allea. Creación dunha empresa dedicada á conservación e restauración do patrimonio (autoemprego).
  3. Achegamento ó mundo da empresa e os seus problemas legais, económicos e de organización.
  4. Realización de presupostos e proxectos de restauración, tanto de obras mobles como inmobles; distintas formas de presentación e problemática: permisos administrativos, axudas económicas, contratación de empregados e estructuras, etc.


Programa:
  1. Busca do emprego
    • Cómo realizar un curriculum vitae
    • Cartas de presentación
    • Entrevistas de traballo
  2. Conceptos básicos de empresa
    • Distintos tipos de sociedades
    • Problemas legais, fiscais e laborais da empresa
    • Trámites necesarios para a creación dunha empresa
  3. Informes, proxectos de intervención y presupostos de restauración
    • Pasos previos: realización (informes técnicos, estado de conservación, etc) e presentación.
    • Condicións administrativas e técnicas: pregos de bases.
    • Contratacións