Congresos, Seminarios, Cursos
Anualmente realízase, en colaboración co Arquivo Histórico da Deputación de Pontevedra un curso de Restauración e Conservación de Documento Gráfico.
Realizáronse seminarios de Conservación e Restauración de Arte Contemporánea nos que participaron os responsables dos talleres de restauración de museos como o Reina Sofía, CGAC, Fundación Serralves... Durante o curso realízanse conferencias cuns contidos que están dentro da programación dos distintos departamentos por destacados especialistas na materia.
En horario extraescolar realizouse, dentro do Plan Urban II, en colaboración co Concello de Pontevedra, o proxecto "Escudos de Pontevedra", onde se restaurou a maioría da heráldica do casco histórico de Pontevedra.