Arnoia.Arnoia.Ángel Vidal

De Wiki Aller

Resumo

Arnoia Arnoia narra a historia dun rapaz de 16 anos chamado Nmógadah, Príncipe Segredo de Arnoia. Este é expulsado da súa terra e apresado. Para conseguir escapar alíase co Mestre Lionel, unha vez fóra daquela "prisón" percorren un bosque co obxectivo de atopar a espada Milmanda. Despois de atopala, volven ser apresados, mais son capaces de fuxir. Entón, emprenden a viaxe en barco cara Arnoia, con tan mala sorte de que son asaltados polos piratas. Após disto, Nmógadah cae baixo o feitizo dunha moza, sendo rescatado por uns homes. Ao final todo resultou ser un soño.

Opinión:

Arnoia, Arnoia é un libro que reflicte moitas cousas do pobo galego, como a emigración cara a Europa (ou América), algo que dende sempre estivo presente na mente do noso pobo, tamén reflicte a morriña sentida polos que se van da nosa terra coa esperanza de atopar unha vida mellor, aínda que non sempre se conseguía. É un libro que gusta bastante, malia que ao principio custa comprendelo. O uso de moitas personaxes e lugares dálle un pouco de pesadez a historia, porén faina máis verosímil. En resumo, un libro de aventuras que paga a pena ler.

Ferramentas persoais