Belén Rodríguez.Diario
De Wiki Aller
26-10-2011 Hoxe rematei de ler "Maldita adolescente",un libro moi interesante e divertido e que me gustou moito. Conta a historia dunha adolescente que vive amores, desamores e todo o relacionado coa adolescencia.
2-11-2011 Hoxe comecei a ler "Carolina se enamora". Comeza contando a historia dunha rapaza que se namora e que lle dá ao seu noivo o primeiro bico.
9-11-2011 Deixei de ler o libro "Carolina se enamora" porque me resultaba aburrido. Comecei a ler "Ninette y un señor de Murcia" xa que é un libro obrigatorio para castelán. Polo que lin, fala dun home de Murcia que vai pasar unha temporada a París.
16-11-2011 Hoxe seguín lendo o libro que citei antes. Andrés vai a Francia e na casa na que vive coñece unha muller coa que ten unha aventura. Por agora estame gustando e estou desexando saber como acaba.
23-11-2011 Esquecín o libro de lectura na casa e estiven lendo un libro de tecnoloxia.
30-11-2011 Andrés leva unha relacion en segredo coa filla dos donos da casa onde está a vivir. Rematei xa o libro e gustoume moito.
7-12-2011 Hoxe comecei a ler outra vez o libro de "Cartas de inverno". Xa o lin hai tempo pero foi un libro que me gustou moito e xa se me esquecera case por completo de que ía o libro así que decidín volvelo ler.
14-12-2011 Tareixa Louzao é a irmá dun dos protagonistas principais,e polo que lin, recibe unha carta de seu irmán.
21-12-2011 Xabier, o irmán de Tareixa, mándalle a Tareixa un paquete e dille que o debe levar á policía se el desaparece.
11-1-2012 Adrián escribíalle cartas ao seu amigo Xabier porque non sabía nada del. O libro amósanos as cartas que Adrián lle mandaba ao seu amigo Xabier.
18-1-2012 Cóntase a través das cartas como Adrián mercou unha casa en Vilamaior e estaa arranxando xa que necesita vivir nun pobo tranquilo como ese. Os veciños dinlle a Adrián que a casa está enmeigada.
25-1-2012 Adrián conta como lle estan empezando a ocorrer cousas moi estrañas, por exemplo chamadas e fax misteriosos e cre que algún lle está a gastar unha broma.
1-2-2012 Hoxe esquecín o libro.
8-2-2012 Segue a escribir cartas a Xabier e contalle que comeza a ter medo porque unha noite desconectou o fax e o teléfono e as mensaxes e as chamadas seguían a chegar igual.
15-2-2012
Grazas pola túa colaboración