Diderot
De Wiki Aller
Índice |
Nome
Denis Diderot
Datas de nacemento e morte
5 de Outubro de 1713 Langres (Francia)/31 de Julio de 1784 (70 anos) París (Francia)
Nacionalidade
Francés
Biografía
Foi recoñecido polas súas obras e escollido membro da Academia Francesa.Non se enriqueceu cos seus libros xa que tivo que vender a súa biblioteca para ofrecer un dote a súa filla Angelique.Foi Catalina II de Rusia,unha activa escritora de cartas a Madame Geoffrin,quen mandou comprar a biblioteca cando se enterou da frouxa situación económica grazas a que tiñan un gran amigo en común. En 1773 foi invitado a corte de San Petesburgo.Alí pasou varios meses como conselleiro da zarina,e contáronse anécdotas,nunca contrastadas,sobre as súas posibles relacións. Pero si quedan en cambio as marabillosas Cartas a Sophie Vollanda, escritas a súa gran amiga ,ese e o testimonio dun gran feminista,defensor da abolición da escravitude e creador das maiores paradoxos da literatura europea.En 1747 Le Breton encárgalle a Diderot e Jean Le Rond d'Alembert a elaboración editorial da célebre Encyclopédie.
Ideas principais do seu pensamento
- Importancia da Ciencia como principal motor do desenvolvemento e progreso humano.
- A política debe se incumbir de eliminar as diferenzas sociais.
- A relixión debe quedar estrita ao campo de formación do comportamento humano.
- A tecnoloxía é de fundamental importancia para o desenvolvemento económico das nacións.
- Foi un crítico do Absolutismo e do poder e influencia da Igrexa na sociedade.
Bibliografía máis importante
- Enciclopedia.
- Pensamentos Filosóficos.
- As xoias indiscretas.
- Carta sobre os cegos para uso dos que ven.
- Carta sobre os sordos-mudos.
- Reflexións sobre a interpretación da Natureza.
- Principios filosóficos sobre a materia e movemento.
- A reputación de Helvetius.
- Ensaio sobre a pintura.
- Jacques, o fatalista e seu mestre.
- A relixiosa.
- O sobriño de Rameau.
