IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  20 de Setembro do 2017 - 217 visualizacións  
  VISITA AO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE ATAPUERCA E Ó MUSEO DA EVOLUCIÓN HUMANA (BURGOS)  
 
O alumnado de 4º ESO e Bacharelato con Bioloxía veñen de visitar os xacementos arqueolóxicos de Atapuerca e o Museo da Evolución Humana de Burgos , invitados polo prestixioso paeoantropólogo Ignacio Martínez Mendizábal, que exerceu de guía da visita.
Ignacio Martínez Mendizábal mostroulles os xacementos e explicou como é o traballo dos profesionais que alí traballan. Explicou o que significa Atapuerca na paleontoloxía internacional e sobre todo o que aportaron os múltiples descubrimentos que se levaron a cabo desde o seu descubrimento accidental, gracias a un trazado de ferrocarril, ata a actualidade cando só vai escavado o 30% dos xacementos, polo que a Atapuerca, o xacemento máis importante do mundo que foi declarado Patrimonio Mundial en 1997, se lle coñece como "a Pedra de Rosetta da evolución humana". As importantes aportacións dos descubrimentos de Atapuerca fixeron que se distinguise nese mesmo 1997 ó equipo e a Ignacio Martínez Mendizábal co Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica polos seus achádegos sobre a evolución humana.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela