IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  1 de Decembro do 2017 - 151 visualizacións  
  VISITA A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIO E A MADEIRAS BESTEIRO  
 
Os nosos alumnos de 1º ESO participan no programa Eduemprende que organiza a Consellería de Educación e O.U. Visitaron a Confederación de Empresarios de Lugo, onde viron o funcionamento duns drons, e a fábrica Madeiras Besteiro que os recibiron cunha plancha grabada coa benvida ó noso instituto e que gardaremos con agarimo.
O Plan Eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de ESO no espírito emprendedor e darlle a coñecer o tecido empresarial da súa contorna, así como sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela