IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  29 de Marzo do 2019 - 161 visualizacións  
  CONFERENCIA: "A QUE CHEIRA A COMIDA"  
 
O doutor en Bioloxía Casto Rivadulla, profesor da UDC e neurocientífco do grupo de investigación NEUROcom, impartiu o obradoiro “A que cheira a comida” a través do programa DivulACCión no IES A Pinguela. Os nosos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de bacharelato comprobaron como os nosos sentidos son simplemente unha ferramenta de detección de estímulos, pero é o cerebro, esa máquina de inventar a realidade, a que crea todo o mundo de sensacións que experimentamos, tamén ó comer. é a quinte vez que Casto nos visita para axudar ó noso alumnado a adentrarse aínda máis no mundo da ciencia, o que, coma sempre, lle agradecemos.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela