IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  27 de Abril do 2022 - 158 visualizacións  
  David Amor no IES A Pinguela  
 
David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, estivo hoxe no IES A Pinguela con motivo da celebración do Día do Humor. Faloulle ó alumnado da importancia de falar a nosa lingua con orgullo, co noso acento, e facelo tamén por amor ós avós. Da importancia de facer traballos sociais sen remunerar, só polo gusto das cousas ben feitas. Do deber de respectar ós demais -tamén ós profesores- e da importancia de realizar accións que permitan vivir nun mundo amigable e máis feliz. De como a xuventude sempre foi considerada subversiva, e que eles tamén o pensarán dos mozos cando sexan vellos, como lle pasou a Sócrates e a moitos pensadores desde Babilonia... contou como chegou a traballar como repartidor de pizzas, camareiro... antes de dedicarse profesionalmente ó balonmán e despois á televisión e o teatro.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela