IES A Pinguela - Actividades extraescolares e complementarias - Noticias sobre actividades
 
 
 
  9 de Xuño do 2022 - 40 visualizacións  
  O IES A Pinguela no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra  
 
O alumnado de 2º ESO do IES A Pinguela ven de coñecer o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, situado no concello de Rubiá, no linde de Galicia co Bierzo. Estiveron acompañados polo biólogo Miguel Conde Teira, do servizo de conservación da Natureza da Xunta de Galicia, lles foi ensinando todo o que fai a esas montañas peculiar, como a afamada enciña máis que centenaria.
Iniciaron a mañá ó carón dunha das fontes na bela vila de Biobra . Coñeceron o centro de visitantes do Parque para logo continuar pola ruta das dúas vertentes. De camiño ó miradoiro puideron observar a flora específica do Parque e tamén se atoparon con rastros de diferentes animais como coello e lobo e ademais saíronlles ó paso 3 exemplares de xabaril. Xa no miradoiro puideron ver unha perspectiva das Médulas descoñecida para eles e tiveron a sorte de ver algún corvo, un falcón e varios voitres leonados. Ó rematar esta ruta achegáronse a coñecer a Enciña centenaria do Parque previo paso por uns miradoiros dende o que se podía apreciar a beleza do río Sil e algunha aguia que se achegou pola zona. A camiñata mereceulles a pena xa que puideron desfrutar da paisaxe e da flora e fauna local, sobre todo o que máis lles impresionou foi o grupo de voitres. Coñeceron tamén distintas especies da flora e fauna do monte galego e fixeron sendeirismo por un lugar tan especial coma este. Foi unha actividade do programa "O Monte Vivo", un dos do plan Proxecta do noso instituto.
 
 
IES A Pinguela
 
 
 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela