Os alumnos de 4º ESO do IES A Pinguela veñen de asistir como público a un xuizo por atentado que se celebrou hoxe na Audiencia Provincial de Ourense. Ó seu remate, o xuíz don Antonio Piña Alonso, presidente da Audiencia, explicoulle ó alumnado os porqués de cada fase xudicial, quenes interviñeron no xuizo, os roles que cada participante asumiu e o sentido dos testimonios oídos. A petición do fiscal, de ano e medio de cárcel, serviu para avivar o interese do alumnado, que debatiron intensamente co xuíz sobre o escoitado no acto e o que para eles podería ser unha sentencia xusta.
Fomos invitados a asistir por participar no programa "Educar en Xustiza" que convoca por segundo ano o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O obxectivo deste programa é achegar a Xustiza á mocidade para que coñeza o seu funcionamento e o mundo do Dereito, con especial incidencia en aspectos que lle poidan afectar de xeito directo.
Un programa moi educativo no que sen dúbida seguiremos a participar no futuro!
Ó remate, coñeceron a monumentalidade da Catedral de Ourense antes de descansar e xantar nun centro comercial da cidade. |