XARDÍN BOTÁNICO
Picanceira
Nome en galego
Picanceira
Nome en castelán
Rusco
Nome científico
Ruscus aculeatus
Nome en inglés
Nome en francés
Foto da árbore
 

 

Características Xerais

 

Pequeno arbusto de 30 a 80 cm de altura, de cor verde escura , con rizomas subterráneos dos que saen talos florais masculinos ou femininos.

 

Tronco

 

Atopamos dous tipos de talos: os normais, lisos e redondeados , e os outros que teñen falsas follas (filocladios), de forma ovolanceolada de 2 a 3 cm de lonxitude e acabadas nun extremo ríxido e punzante.

 

Follas

 

As follas verdadeiras, moi pequenas e parecidas a escamas, aparecen nas axilas e teñen 3 e 4 mm de lonxitude.

 

Flores

 

Pequenas, unisexuais, verdosas ou violáceas, situadas no centro dos filocladios. As femeninas son tricarpelares con ovario súpero mentres que as masculinas teñen tres estames soldados polos filamentos. A polinización realízase por medio dos insectos (entomógama). Florece no inverno e primavera

 

Froito

 

En outono e inverno nas plantas femeninas aparece o froito en forma de baia vermella de 10-12 mm de diámetro con dúas semillas. A diseminación faise por medio das deposicións dos animais que os comen ( endozoocora).

 

Usos

 

 

Familia

 

Familia das asparagáceas.

 

Imaxes dos detalles

 

(fai clic para ampliar)

 

 

 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela