Aos poucos o noso Xardín foi tomando corpo e hoxe podemos dicir con orgullo que posiblemente non exista outro destas características nun centro escolar, pois contamos con máis de 200 especies de árbores e arbustos, tendo representados todas as especies autóctonas, e a maior parte das que se poden ver en xardíns e casas particulares.
O noso Xardín Botánico foi e é utilizado didácticamente entre os nosos estudantes e as moitas persoas que o visitan xa que temos unha Guía na que se poden identificar todas as especies que temos no noso Xardín. Con él os nosos estudantes conseguiron premios nacionais e autonómicos e serviu para promocionar Monforte no mundo a través de congresos internacionais como é o de Caretakers of the Environment, organización da que formamos parte, do mesmo xeito que de RIACA (Rede Iberoamericana e do Caribe de Educación Ambiental).
Vicedirección do IES A Pinguela. |