Arbusto de 2, 3 m de altura. Caducifolia e ás veces perennifolio. Natural de Europa e Asia nos bosques húmedos. Moi empregado nas rúas porque soporta moi ben a contaminación.
Tronco
A casca é de cor marrón grisácea e pouco grosor. Astrinxente.
Follas
Son opostas, lanceoladas ou elípticas de 3-6 cm, enteiras algo coriáceas e de cor verde oscura. Rematan en punta longa.
Flores
Son brancas e olorosas, agrupadas en panículas terminais e levantadas. Son parecidas ás do olivo polo que estas dúas especies pertencen á mesma familia. Florece en xuño.
Froito
Son bagas negro-azuladas de 3-6mm de diámetro. Son tóxicos para os humanos e acaban completamente negros ao madurar en outono.