Arbusto ou árbore perenne que pode chegar ata os 15- 20 m de altura. Orixinario da zona Mediterránea.
Tronco
Tronco recto coa casca de cor gris e lisa.
Follas
A súa copa é densa e oscura. As follas son dunha cor azulada, alternando entre lanceoladas e oblongo-lanceoladas co seu borde, en ocasións, algo ondulado. De consistencia coriácea. Moi aromáticas.
Flores
Dispostas en umbelas sésiles con 4-6 flores de cor amarelentas. Posúen catro pétalos. Florece entre marzo e abril.
Froito
O froito é unha baga, ovoide, de 10-15 mm, negra na madurez. Ten semente única de 9 por 6,5 mm, lisa. Madura a principios de outono.