XARDÍN BOTÁNICO
Romeu
Nome en galego
Romeu
Nome en castelán
Romero
Nome científico
Rosmarinus officinalis
Nome en inglés
Rosemary
Nome en francés
Romarin
Foto da árbore
 

 

Características Xerais

 

Arbusto aromático, leñoso, perennes, moi ramificado. En ocasións achaparrado. Pode chegar a medir 2 metros de altura. O seu hábitat natural é a rexión mediterránea.

 

Tronco

 

Os talos xóvenes están cubertos de borra que vai desaparecendo ó crecer, e talos mais vellos de cor avermellada e coa cortiza resquebraxada.

 

Follas

 

As súas follas perennes son estreitas e alongadas, de uns 3-4 cm e moi abundantes. Opostas, sésiles, enteiras e dun cor verde escuro pola face, mentres que polo envés presentan un cor blanquecino e están cubertas de vellosidades. Na zona da unión da folla co talo nacen os ramilletes floríferos.

 

Flores

 

As flores son duns 5 mm de largo. Teñen a corola bilabiada duna soa peza (pétalos soldados) e teñen dous estambres encorvados soldados á corola. A cor é dun azul-violeta pálido, rosa ou branco, cun cáliz verde (algo avermellado). Saen nas axilas das follas. Son moi aromáticas e melíferas. A planta florece en primaveira e verán.

 

Froito

 

Está encerrado no fondo do cáliz e formado por catro núculas de 1,5-3 por 1-2 mm, ovoides, aplanadas, de cor castaño claro cunha mancha clara na zona de inserción.

 

Usos

 

 

Familia

 

Familia das lamiáceas

 

Imaxes dos detalles

 

(fai clic para ampliar)

 

 

 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela