Planta leñosa, trepadora, orixinaria de China. Pode acadar os 15-20 m de altura.
Tronco
Tortuoso con casca de cor pardo grisácea. Pode desescamarse.
Follas
De cor verde claro, brillante, imparipinnadas con 9-13 foliolos, acadando ata 20-25 cm de longo.
Flores
En racimos que colgan das polas. Flores de cor branco violácea. Florece en primavera, antes da saída das follas. A flor é a típica das leguminosas, con corola papilonácea.
Froito
Legume aplanada, pilosa, de uns 5 cm de longo. Froitifica en verán. Precauciçon: este froito é moi velenoso.