XARDÍN BOTÁNICO
Mimosa de tres espiñas
Nome en galego
Mimosa de tres espiñas
Nome en castelán
Acacia de tres espinas
Nome científico
Gleditsia triacanthos
Nome en inglés
Honey locust
Nome en francés
Févierà trois épines
Foto da árbore
Características Xerais
Árbore caducifolia que pode acadar 30 m de altura. Ten un crecemento rápido. Moi resistente á seca
Tronco
Casca de cor gris parda con fortes espiñas verde ó principio e duras e marróns despois.
Follas
Follas grandes (ata 30 cm) pinnadas, con 8-20 foliolos por folla. Bordo liso. posúen estípulas.
Flores
Infloresciencias de ata 10 cm de lonxitude, con flores de pétalos verde amarelentas, masculinas e femininas separadas. Florece en primavera.
Froito
Tipo legume, colgante, glabra, plana e retorta. O interior ten unha polpa carnosa e azucrada. Lonxitude: 30 cm ou máis.
Usos
Familia
Familia das leguminosas
Imaxes dos detalles
(fai clic para ampliar)