XARDÍN BOTÁNICO
Hedra
Nome en galego
Hedra
Nome en castelán
Hiedra
Nome científico
Hedera helix
Nome en inglés
Ivy
Nome en francés
Lierre
Foto da árbore
 

 

Características Xerais

 

Planta perennifolia trepadora máis común que crece sobre os troncos das árbores, muros, rocas, paredes e no solo. Pode chegar a medir 30 m.

 

Tronco

 

Son redondeados, leñosos e ramificados que saen dun talo subterráneo leñoso.

 

Follas

 

Son perennes, lobuladas, coriáceas, con disposición alterna. De cor verde escuro e brillantes. Existen dous tipos de follas na mesma planta: as ramas sen flores ou estériles (con follas lobuladas e triangulares) e as ramas con flores ou fértiles (follas carentes de lóbulos e ovadas romboidais).

 

Flores

 

Son hermafroditas e pequenas reunidas en inflorescencias de tipo umbela, con 12-20 flores solitarias ou agrupadas nunha panícula de acios. Florece de setembro a novembro

 

Froito

 

É unha baga negra velenosa de 8-10 mm de diámetro con 2-3 sementes no seu interior. A frutificación prodúcese en abril e maio (o ano seguinte da floración).

 

Usos

 

Usos medicinais (é tóxica) e ornamental

 

Familia

 

Fam. das araliáceas

 

Imaxes dos detalles

 

(fai clic para ampliar)

 

 

 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela