Árbore ou arbusto caducifolio que pode acadar ata 8 m de altura. Atópase, de forma natural, nas fragas das zonas altas do oriente de Lugo e Ourense, aunque con poucos individuos.
Tronco
É delgado, duns 40-50 cm de diámetro. Cortiza de cor gris parda, escura, lisa nos exemplares novos e agretada nos adultos.
Follas
Son caducas e co bordo serrado, de 5-10 cm de longo e 3-6 cm de ancho, ovaladas ou elípticas e cun rabiño que presenta dúas glándulas vermellas ou negruzcas
Flores
Hermafroditas, de pequeno tamaño. Son brancas e medran en racimos colgantes moi vistosos e aromáticos. Florece en primavera.
Froito
Drupa de menos de 1 cm de diámetro que medran tamén en racimos, son globosos. Ao madurar son negros.