Casca lisa e plana de cor gris clara ou pardo clara.
Follas
De 5- 15 cm oval lanceoladas, co ápice moi delgado e alongado. Marxe dentado, con dentes pequeniños dirixidos cara adiante. A face pubescente, áspera e o envés con pilosidade branca e suave.
Flores
De cor amarela-verdosas, solitarias ou raramente en grupos de 2-3 cun longo pedúnculo. Florece entre abril e maio
Froito
De tipo drupa de arredor dun centímetro de diámetro, verde que torna negra na madurez. Froitifica a finais de verán principios de outono