Árbore caducifolia de ata 20 m de altura e de crecemento rápido
Tronco
Coa casca pardo-gris e lisa
Follas
Son pinnadas, con tres a cinco folíolos de cor verde clara. O bordo foliar está irregularmente dentado.
Flores
Son árbores dioicos ( flores masculinas e femininas en plantas diferentes).Inflorescencias masculinas erectas e as femininas colgantes. Aparecen antes da saída das follas. Florece entre marzo e abril.
Froito
É de tipo disámara, coas as estreitas e formando un ángulo agudo. De cor pardo pálida. Maduran en verán e persisten no inverno.