Arbusto caducifolio de 1 a 4 m de altura, espiñento e con podallas novas pubescentes
Tronco
Casca marrón negruzca ou negra, co tempo cae en tiras longas.
Follas
Lanceoladas ou ovaladas, de 3-4 cm de longo por 2 de ancho, dispostas de forma alterna. Coa marxe finamente dentada. Face rugosa e verde escura, envés gris verdoso claro. Mates.
Flores
Solitarias de 1-1’5 cm de diámetro, cor branca e estames amarelentos e longos. Florece antes da saída das follas, en primavera.
Froito
De tipo drupa, de cor verde azulada ó principio e azul case negro cando maduran. Tamaño 1-1’5 cm. Maduran a partir de outono.