Árbore caducifolio que pode chegar ata 40 m de altura. Ten unha copa densa.
Tronco
Casca moi agretada lonxitudinalmente e rugosa, de cor pardo-grisácea.
Follas
Lampiñas, oblongas e pinnado-lobuladas e redondeadas. Na base folla fórmanse dúas “orelliñas” (aurículas) na súa unión co pecíolo. Cor verde escuro mate na face e claro no envés.
Flores
Amentos colgantes e amarelentas as masculinas. As femininas pouco chamativas e separadas das masculinas. Florece entre abril e maio.
Froito
De tipo glande, a landra, con pedunculo longo en grupos de 2-3. A lonxitude da landra é de 1’5-2 cm. Froitifica en setembro- outubro.