É unha árbore ou arbusto perenne de ata 20m e con forma piramidal.
Tronco
Coa casca castaño avermellada
Follas
Dispostas en acículas curtas de 1-3 cm, de cor verde escura pola face e abrancazada polo envés.
Flores
As masculinas e femininas en pés distintos. As masculinas son pequenas e amarelo pálidas, sobre as axilas foliares. As femininas solitarias no ápice dos brotes. Florece en abril.
Froito
Típico cun arilo vermello de 1 cm de diámetro. Froitifica en verán.