Arbusto ou árbore caducifolio de ata 10m de altura.
Tronco
Coa casca de cor gris e acastañada, lisa que coa idade vólvese escamosa.
Follas
Son simples, redondeadas e largamente acuminadas e cordadas na súa base, cos bordos dobremente dentados. Pecíolo curto con pelos glandulares.
Flores
Unisexuais, as masculinas en amentos colgantes, de ata 9 cm de longo. As femininos en grupos de 1 a 4, de cor avermellada. Florece entre xaneiro e abril.
Froito
De tipo aquenio, a abelá, de entre 1 e 2cm rodeado dun involucro tan longo como o froito e cos bordos dentados. Comestible. Froitifica entre finais de verán e principios de outono.