XARDÍN BOTÁNICO
Estripeiro, escambrón
Nome en galego
Estripeiro, escambrón
Nome en castelán
Espino majuelo, majuelo, espino albar
Nome científico
Crataegus monogyna
Nome en inglés
Haw thorn
Nome en francés
Épine blanche
Foto da árbore
 

 

Características Xerais

 

Arbusto ou árbore caducifolio de pequeno tamaño, de entre 4 e 10 m de altura. Ramiñas novas con espiñas.

 

Tronco

 

Coa casca lisa e pardo-grisácea, que coa idade vai agretando.

 

Follas

 

Son simples, alternas, cun pecíolo de 3’5 cm verde ou rosado. A forma do limbo é variable, con 3-7 lóbulos profundos e irregulares, dentados. Cor verde intenso e máis pálido no envés.

 

Flores

 

As flores son hermafroditas, pequenas que se unen formando corimbos con poucas flores, Teñen bo cheiro. Florece entre abril e maio.

 

Froito

 

É de tipo pomo, de 0’8-1 cm. Ovoide e de cor vermella. Maduran en setembro-outubro.

 

Usos

 

 

Familia

 

Familia das rosáceas

 

Imaxes dos detalles

 

(fai clic para ampliar)

 

 

 
Ir á páxina principal da web Ir á sección de novas Ir á páxina de contacto Ver a oferta formativa do IES A Pinguela Ver a localización do IES A Pinguela