Arbusto ou árbore de pequeno tamaño, ata 20 m de altura. Ramiñas pubescentes
Tronco
Coa casca agretada finamente, con surcos estreitos, de cor marrón escura.
Follas
Son simples, opostas de 5x10 cm, cun pedcíolo de 5 cm verde ou rosado. O limbo ten 3-5 lóbulos pequenos. Cando son maduras teñen o envés pubescente e a face glabra.
Flores
En panícula erecta, coas flores duns 6 cm de diámetro, de cor verde-amarelo. Florece entre abril e maio
Froito
É de tipo disámara, coas as horizontais (180º), de cor verde carmesí. Maduran en outubro.