Actividades extraescolares

22/05/2013 - 09:40
22/05/2013 - 20:00
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AO ARQUIVO DO MUSEO DA CATEDRAL E OUTRAS ACTIVIDADES.
  Día:         22 de maio
Hora:       09:40 ás 20:00
Lugar:      Santiago de Compostela
Para:       2º, 3º e 4º ESO; 1º Bach
Organiza: Dpto. Relixión

Alumnado de Relixión de 2º, 3º, 4º da ESO e 1º de Bac visitarán o museo da catedral. Fundado en 1930, recolle as pegadas da historia do Santuario no que se custodian e veneran os restos do Apóstolo Santiago. Permite adquirir un coñecemento da historia e importancia artística da Catedral. Actualmente a visita ao museo inclúe varias zonas do recinto catedralicio, divididas en tres grandes bloques: Obradoiro-Claustro, Tesouro-Capela das Reliquias e Cripta do Pórtico da Gloria.

Enlace de interese

Web da Catedral de Santiago 

 

20/05/2013 - 10:30
20/05/2013 - 11:20
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla informativa sobre o GRAO EN ADE da Escola de Negocios NOVA CAIXA GALICIA
 

Día:         20 de maio
Organiza:  Orientación
Hora:       10:30 ás 11:20
Lugar:      Aula 105 
Para:        1º Bach

Nesta charla os/as alumnos/as poderán obter información dos aspectos máis destacados relativos á carreira que se imparte nesta escola, o seu funcionamento, saídas profesionais, etc. 

Máis información 

15/05/2013 - 00:00
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:  MENTALÍZATE
 

Día:  15 de maio
Hora: 09:40-10:30 (4º ESO/PDC)
Hora: 10:30-11:20 (2º, 3ºESO/PDC) 
Lugar: Salón de Actos
Organiza: Dpto. Orientación

MENTALÍZATE é unha campaña de información e sensibilización dirixida aos adolescentes, para a promoción da saúde mental. Organizada por FEAFES Galicia, promove hábitos e estilos de vida saudables, como prevención da enfermidade mental; centrado no risco que supón o consumo de alcohol e cannabis.

A campaña MENTALÍZATE busca dar a coñecer información das enfermidades mentais, traballando posibles estigmas asociados ás mesmas.

Máis información  

09/05/2013 - 10:00
09/05/2013 - 14:00
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: TÉCNICAS DE PRANCHA

Días:         09 de maio
Horas:       10:30-14:00
Lugar:       Perruquería
Para:        PECOCA
Organiza:  Dpto. Imaxe Persoal

Coa fin de ampliar a súa formación, alumnado do ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar asistirán a un obradoiro de ténicas de prancha. Será realizado por profesionais do sector no taller de perruquería do instituto.
 
Os ferros profesionais de perruquería son dos produtos de peiteado máis actuais cos que se pode alisar o cabelo, ondular ou dar volume; ofrecendo múltiples posibilidades coas que conseguir diferentes estilos. Aprenderán técnicas para sacar o máximo partido a este aparello.
 
13/05/2013 - 00:00
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: O CÁNNABIS, A VERDADE DESTA DROGA

Días:         13 e 20 de maio
Horas:       09:40-10:30  (3ºESO)
                11:50-12:40  (3ºPDC)
Lugar:       Aula
Para:        3º ESO e 3º PDC
Organiza:  Dpto. Orientación

Obradoiro monográfico para 3º da ESO e PDC sobre O CÁNNABIS, A VERDADE DESTA DROGA. Actividade composta de dúas sesións para coñecer realmente o que oculta esta substancia, os seus mitos, os intereses no seu consumo e os perigos reais del.
 
Os materias e unidades a empregar son do Programa de Prevención do Consumo de Drogas na Escola - PPCDE: saúde na escola. E o taller está organizado polo concello dentro do progama Previlugo (Programa de intervención socioeducativa para a mocidade de Lugo).
 
08/05/2013 - 00:00
08/05/2013 - 16:00
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA:  Evento desfile Muralla
 

Día:         8 de maio
Organiza: Dpto. Imaxe Persoal
Hora:       09:00-16:00
Lugar:      Perrucaría
Para:        CMP2 (FCT)

Alumnado de FP de Imaxe Persoal do noso Instituto colaborará un ano máis coa Gala Lucus Moda. Ao longo da mañá axudarán coas maquillaxes e os peiteados das modelos, traballando así como verdadeiros profesionais do sector.

A Gala Lucus Moda celebrarase o vindeiro mércores día 8 no Museo Interactivo de Historia de Lugo (MIHL) ás 21.00 horas. Está organizado por profesionais da moda, a Deputación e o Concello. No evento participarán unha trintena de deseñadores, artesáns e perruqueiros da provincia. A gala cun fin benéfico destinará integramente a súa recadación ao Fogar do Transeúnte de Lugo. Varias televisións emitirán en directo o desfile que gravarán os alumnos da fundación TIC.

 Máis información  

06/05/2013 - 00:50
06/05/2013 - 14:20
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: OS SEGREDOS DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS EN GALICIA
 

Día:         6 de maio
Organiza: Dinamización Lingüística
Hora:       08:50-14:20
Lugar:      Salón de Actos
Para:        4º ESO E 1º Bach.

O 6 de maio terá lugar no salón de actos unha charla-coloquio baixo o título “OS SEGREDOS DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS EN GALICIA”, actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística.

O relator será D. Xosé María Álvarez Marías, músico e fundador da Escola de Gaitas de Ortigueira e tamén do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, de recoñecido prestixio.

Os rapaces terán a oportunidade de coñecer os aspectos fundamentais duns trinta instrumentos característicos e da súa función na música popular galega, coa interpretación dalgunhas pezas tradicionais,... e con mención especial para a gaita e a zanfona.

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: ORIENTACIÓN LABORAL
  Orientación laboral

Días: 4, 11 e 18 marzo (17:10)
Días: 7, 14, 21 e 28 maio (13:30)
Para: marzo - 4º PDC
           maio - 4º ESO
Organiza: Dpto. Orientación
Lugar: Na aula

Obradoiro organizado polo Departamento de Orientación e dirixido ao alumnado de 4º do PDC; co obxectivo de dotar aos rapaces de información.

Cuarto da ESO supón o fin da etapa educativa obrigatoria, a partir de aquí ábrense diferentes itinerarios que poden seguir e que levan á Universidade, á Formación Profesional ou directamente ao mundo laboral.

Algúns optarán por esta última opción, pois a partir dos 16 anos se pode acceder a un emprego; aínda que lles convén coñecer que a estas idades adoitan ser traballos de escasa cualificación e con poucas posibilidades de promoción; de aí a importancia de adquirir un nivel profesional aceptable.

Os que decidan seguir estudando, atoparanse con que as decisións que tomen agora, afectarán ao seu futuro profesional e laboral.

Están polo tanto nun momento importante e decisivo, deben estar informados sobre as actividades, traballos,… que poderán realizar, en función dos itinerarios que escollan agora.

De canta máis información dispoñan e canto mellor coñezan as posibilidades das distintas alternativas, mellor poderán decidir e acertar.

Estarán acompañados polo titor.

03/05/2013 - 10:30
03/05/2013 - 12:40
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2013 - LUGO
  Día:         3 de maio 
Hora:       10:30-12:40
Para:       1º e 2º ESO A/B
Lugar:      Cidade de Lugo
Organiza: Dinamización Lingüística

CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.

Programa da actividade en Lugo, que presentará  Pepe Penabade.

Marcha: saída desde a Praza de Santa María (11:00h), chegada ao mesmo punto de partida (12:00 h.).
Actuación do grupo de 4º da ESO do IES Gregorio Fernández de Sarria.
Lectura do Manifesto.
Actuación da Balbina.
Concurso de pancartas e animación da marcha.

Máis información: www.correlingua.org Enlace a web externa

02/05/2013 - 00:00
Etc/GMT+1
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CURSO DE EXTENSIÓNS E CAMBIO DE IMAXE
 

Día:          2 de maio
Organiza:  Dpto. de Imaxe Persoal
Hora:        Toda a xornada
Lugar:      Aula de perrucaría
Para:        PECOCA

O día 2 de maio, os/as alumnos/as do CM de Peiteado e cosmética capilar asistirán a un curso de extensións e cambio de imaxe, no que poderán coñecer de primeira man as distintas técnicas de vangarda e a aplicación dos distintos métodos.

Terán a oportunidade de aprender todo o que un profesional necesita saber sobre as extensións: os distintos tipos de unións, a adaptación de cada técnica ao tipo de cabelo e efecto, o mantemento, as distintas características, vantaxes e inconvenientes que en cada caso presentan...

Canal en youtube de especialistas en extensións de cabelo