Historia da Escritura

 

Sistemas de escritura.

  

PICTOGRÁFICO: Un pictograma é un debuxo simbólico que representa un ser ou obxecto, pero non fai referencia ningunha á pronuncia desa palabra. O primeiro paso cara á escrita foi en todas partes o sistema pictográfico. 

           O debuxo dun sol cos raios representa a palabra ‘sol'.

 

 IDEOGRÁFICO: Un ideograma é unha imaxe ou símbolo que representa unha idea (e non só un obxecto, como no caso do pictograma). O paso do pictograma ó ideograma prodúcese cando aparece a necesidade de denotar calidades, ideas ou accións que non teñen representación directa; os ideogramas combinan varios pictogramas para representar ideas. Son sistemas ideográficos a escritura cuneiforme de Mesopotamia, os xeroglíficos exipcios e a escritura chinesa.

  

Estes pictogramas representan respectivamente no sistema exipcio os actos de ir (ou marchar), de chorar, o Sur, o fresco (ou a frescura) e a vellez.

 

  SILÁBICO: No sistema silábico cada signo gráfico utilízase de forma indivisible para representar unha sílaba da lingua. As sílabas poden estar constituídas por consoante + vogal; vogal + consoante; ou consoante + vogal + consoante.  O sistema silábico combinouse co pictográfico na escritura cuneiforme de Mesopotamia e nos xeroglíficos exipcios; tamén teñen carácter silábico as escrituras chinesa e a xaponesa.

 

 Este símbolo representa en xaponés a sílaba “ki

 

 ALFABÉTICO: O sistema alfabético é o máis sinxelo e tamén o máis desenvolvido. Un alfabeto é un sistema no que os signos gráficos reproducen tódolos sons da lingua, que se combinan para formaren as palabras. Os alfabetos permiten con moi poucos signos (case ningún pasa dos 30) escribir todas as palabras de calquera lingua. Hai dous sistemas de escritura alfabética:

 

·Sistema consonántico: Só se grafan as consoantes, téndose que sobreentender as vogais. Son consonánticos o fenicio (o primeiro alfabeto), o hebreo, o árabe, etc.

 

·Sistema vocálico: Gráfanse tanto as consoantes coma as vogais. Son sistemas vocálicos o grego, o latino, etc.

 

                                                            Seguinte