As primeiras representacións: pinturas rupestres.

 

 
      Hai 35.000 anos, no Paleolítico, aparecen as primeiras pinturas rupestres en paredes de cavernas, representando seres humanos e animais. Estas pinturas pódense atopar en todos os continentes da Terra. Os motivos e materiais das distintas pinturas rupestres do mundo seméllanse entre si, a pesar de se teren feito a milleiros de quilómetros de distancia e con milleiros de anos de diferenza.
 
       A orixe destes elementos pictóricos pode relacionarse coa transmisión do saber e da experiencia dunha xeración a outra (ensino), difusión de ideas, información cara ós demais, deixar constancia da existencia do home (mitos, lendas, historia ou relixión). Fose cal fose o obxectivo de cada obxecto da arte rupestre, a razón da súa existencia implicaba unha forma de comunicación que, co andar dos séculos, conduciría á expresión escrita.
 

 

 

 

 

 

 

 

Anterior                                                Seguinte