As escrituras indias.

Aínda que poida parecer estraño, as escritas indias tiveron as mesmas orixes có noso alfabeto. Dende o século II existen na Península India dúas escritas principais: a chamada kharosti e a escrita Brahmi, ás que hai que engadir moitas variantes que transcriben a multitude de linguas faladas neste inmenso país.
A escrita brahmi procede do alfabeto fenicio, e é totalmente alfabética, con consoantes e vogais. A vogal máis frecuente na lingua é o "a", e cando se escribe unha consoante soa considérase que forma sílaba con esta vogal. A dirección de lectura é de esquerda a dereita.

Escrita
singalesa
Escrita
birmana
Escrita Tai
Escrita
tibetana
Escrita
nepalí
Silabario bengalí

Silabario tibetano
