O alfabeto Romano.

 

 

Os gregos foron grandes navegantes, e sucaron todo o Mediterráneo; son eles os que lles transmitiron o seu alfabeto ós etruscos, que vivían na actual Italia. Os latinos (que dan orixe ós romanos), conquistaron ós etruscos e tomaron destes o  alfabeto para adaptalo á súa lingua, o latín. No século III a.C. xa existe un alfabeto latino de 19 letras (ás que logo se engadiron o "x" e o "y". Igual cós gregos, os romanos usaban as maiúsculas para escribir en pedra e as minúsculas para o papiro e as táboas de cera.

 

 

Como consecuencia das conquistas e da difusión do pobo romano e do latín, o seu alfabeto converteuse no básico de todas as linguas europeas occidentais.

 

 

 

                              

 

 

A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
V
X
[a]
[b]
[k]
[d]
[e]
[f]
[g]
[h]
[i,y]
[k]
[l]
[m]
[n]
[o]
[p]
[kw]
[r]
[s]
[t]
[u,w]
[ks]

 

 

 

Anterior                                                Seguinte