O I.E.S. Armando Cotarelo Valledor conta hoxe
en día cunha completa e orixinal oferta educativa, xa que neste
instituto os estudiantes poden aproveitar tanto a Ensinanza Secundaria
Obrigatoria, como os Ciclos Formativos, "substitutos"
da tradicional Formación Profesional; ademais de diversos
cursos e actividades. (Este escaparate vese ampliado na sección
da oferta educativa).

Tamén conta cunhas excepcionais instalacións,
tanto deportivas como no edificio: varias aulas de informática,
laboratorios... todas elas moi novas debido a relativa "mocidade"
do centro.
Hai que resaltar as inversións realizadas para
mante-las citadas instalacións en bo estado, así como
actualizadas e plenamente operativas: por exemplo a rede que une tódalas
aulas de informática utilizadas polos ciclos.

Por outra banda, este instituto colabora con
outros centros da xeografía local, e incluso a nivel nacional
e internacional, a través de diversos proxectos, intercambios,
competicións deportivas... que tratan de potenciar a relación
dos alumnos e a internacionalización do centro así como
da ensinanza.

Todas estas características permítenlle
situarse como un dos centros máis modernos e importantes de
Galicia.