volver Orientación Universitaria
Dende estas páxinas obterás unha orientación aproximada sobre que carreiras elixir
"Non existe vento favorábel para o que non sabe onde vai" (Séneca)
É posíbel que teñas moi claro o que queres estudar, porén, o habitual é que á hora de elixir carreira se presenten numerosas dúbidas. A continuación deberás contestar unha serie de preguntas que axudarán a despexar o camiño cara á elección dos teus futuros estudos universitarios.  
Orientación Universitaria segundo os/as teus/túas:
Habilidades
Motivacións
Intereses
Personalidade
É preciso que teñas en conta que vas atopar unha orientación de carácter xeral que non pode substituír a asesoría persoal dos profesionais do teu Centro Académico, ou de calquera centro especializado.
Ningún dos resultados que vaias obtendo indicará que necesariamente debas estudar unha carreira determinada, nin que sexas bo ou malo nalgunha área determinada. Sinxelamente, trataremos de aconsellarte en base a unha serie de criterios de carácter xeral.

Xunta de Galicia

IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR

Unión Europea 

inicio i.e.s. cotarelo oferta educativa taboleiro direccións interese buscadores visita virtual correo
departamentos libros de texto horarios publicación ficheiros suxestións