O contrato de traballo é o acordo entre o empresario e o traballador
polo que este se obriga a prestar determinados servicios por conta
do empresario e baixo a súa dirección a cambio dunha retribución.
As partes do contrato de traballo son, pois, por un lado, o empresario
e, por outro, o traballador.