| EMPRESARIO |
TRABALLADOR |
| IDADE |
- Poden contratar libremente os maiores de 18 anos.
- Os maiores de 16 anos emancipados ou que obtiveran
beneficio da maioría de idade concedido polo xuíz.
- Os menores non emancipados poden contratar representados
polos seus pais ou titores.
|
IDADE |
- A partir dos 18 anos pódese contratar libremente.
- Entre os 16 e os 18 anos é necesaria unha autorización
dos pais ou titor legal, ou que o traballador estea emancipado
.
- Os menores de 16 anos non poden traballar, salvo
en espectáculos públicos
|
INCAPA- CIDADE |
Os declarados incapacitados por
sentencia xudicial, poderán ser empresarios, pero serán
asistidos polo seu representante legal. |
INCAPA- CIDADE |
Non poderán traballar aquelas persoas ás que se lle dictamine unha incapacidade por sentencia xudicial.
|
NACIONA- LIDADE |
Calquera persoa que queira ser empresario en España,
deberá axustarse á lexislación vixente neste país. |
NACIONA- LIDADE |
Estranxeiros non comunitarios: Requiren un permiso de
traballo, expedido polo Ministerio de Traballo e Asuntos
Sociais, para poder prestar os seus servicios en España.
Estranxeiros comunitarios:
Os membros da Unión Europea gozan
do dereito de libre circulación, polo que non necesitan ningún
permiso de traballo para prestar os seus servicios en España.
Teñen os mesmos dereitos cós traballadores españois. |