| CONTRATO OBRA OU SERVICIO DETERMINADO |
| Concepto |
Ten por obxecto a realización de obras ou servicios
con autonomía ou substantividade propias dentro da actividade
da empresa, e duración incerta aínda que sempre limitada no tempo.
Ver exemplo |
| Duración |
O tempo preciso para a realización da obra ou servicio. |
| Forma |
Por escrito, facendo consta-la obra ou servicio
que constitúe o obxecto do contrato. |
| Outras características |
Se o contrato ten unha duración superior a un ano,
a denuncia do contrato debe facerse con 15 días de antelación
ó término. |
| Normativa |
- Art. 15 do E.T. segundo redacción dada pola lei 63/97 de 26 de decembro
(B.O.E. de 30 de decembro) ampliado polo art. 1º.10 da da Lei 12/2001, de
9 de xullo (B.O.E. de 10 de xullo).
- R.D. 2720/98 de 18 de decembro (B.O.E. de 8 de xaneiro de 1999).
- Art 3º da Lei 12/2001, de 9 de xullo (B.O.E. de 10 de xullo).
|