|
MODALIDADES DE CONTRATACIÓN >Contratos temporais casuais.
| CONTRATO DE INTERINIDADE. |
| Concepto |
Ten por obxecto a substitución dun traballador
con dereito a reserva do posto de traballo
ou para cubrir temporalmente o posto durante o proceso de selección para a súa cobertura definitiva. |
| Duración |
- Mentres dure o dereito de reserva do posto de traballo do traballador
substituído
- Se se trata de cubrir un posto temporalmente, 3 meses
|
| Xornada |
Tempo completo agás que o substituído a tivese a tempo parcial ou esté
a exercita-lo dereito de reducción da xornada |
| Forma |
Por escrito especificando o traballador substituído e a causa da substitución. |
| Normativa |
- Art. 15 do E.T. segundo redacción dada pola lei 63/97 de 26 de
decembro (B.O.E. de 30 de decembro) ampliado polo art. 1º.10
da da Lei 12/2001, de 9 de xullo (B.O.E. de 10 de xullo).
- R.D. 2720/98 de 18 de decembro (B.O.E. de 8 de xaneiro de 1999),
modificado polo apartado 2 da Disposición final primeira
do R.D.1251/2001 de 16 de novembro (B.O.E. de 17 de novembro).
|
Teñen dereito a reserva do posto de traballo os traballadores que disfrutan do permiso de maternidade, excedencias, incapacidades temporais...
|