FORMACION E ORIENTACION LABORAL
 


LEXISLACIÓN
TEMA I
TEMA II
TEMA III
TEMA IV
TEMA V
TEMA VI
TEMA VII
TEMA VIII

ENLACES
FORO
O TEMPO DE TRABALLO >Traballo nocturno e traballo a turnos.

O traballo nocturno e o traballo a turnos están regulados no art. 36 ET.
TRABALLO NOCTURNO

Concepto Considérase traballo nocturno o realizado entre as dez da noite e as seis da mañá.
Traballador nocturno Considérase traballador nocturno aquel que realice normalmente en período nocturno unha parte non inferior a tres horas da súa xornada diaria de traballo, así como aquel que se prevea que poida realizar en tal periodo unha parte non inferior a un tercio da súa xornada de traballo anual. Ver exemplo
Retribución O traballo nocturno terá unha retribución específica que se determinará na negociación colectiva, salvo que o salario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza ou se acordara a compensación deste traballo por descansos.
Límite A xornada de traballo dos traballadores nocturnos no poderá exceder de oito horas diarias de promedio, nun período de referencia de quince días. Estes traballadores non poderán realizar horas extraordinarias.
Seguinte[1][2]